Restaurante A Saíña atardeceres únicos acompañados de pratos coa mellor tradición.

Restaurante A Saíña.

A súa privilexiada localización, nun dos extremos do areal da Frouxeira, coñecido como praia pequena, permitiranos gozar de atardeceres únicos, singulares e interminables degustando uns pratos que seguen a mellor tradición dos nosos fogóns, nos que os peixes quilómetro cero – 100% locais- e as carnes son os auténticos protagonistas.

Os nosos servizos.

Reserva e recollida de comida no local ( Tlf. 600 012 582 )
Comedor exterior
Ofrece pratos para persoas vexetarianas e para celíacas
WiFi gratis
Instalacións adaptadas
Pago con tarxeta
Admite mascotas na terraza

Pratos que seguen a mellor tradición dos nosos fogóns.

Nos seus pratos, os peixes quilómetro cero –100% locais- e as carnes son os auténticos protagonistas.

Horario

No verán, de 11 a 2 horas, de luns a domingo. E no inverno: venres, sábado e domingo de 11 a 2 horas.

Capacidade

Temos un aforo duns 60 comensais.

Reserva a túa mesa ou recolle a túa encarga no

600 012 582
Web Media

A nosa carta.

Para picar

Croquetas caseiras de bacallau, croquetas caseiras de xamón ibérico, revolto de berberechos e alletes, revolto de cogomelos, gambas e ameixas, revolto de cogomelos, allos e xamón frito, espárragos grosos con maionesa, espárragos grosos á vinagreta, xemas grandes de espárragos, pementos de Padrón.

Mariscos

Percebes, gambóns á prancha, gambas á prancha, ameixas á mariñeira, ameixas á prancha, longueiróns, zamburiñas á prancha, mexillóns ao vapor, berberechos, polbo á feira, tentáculos de polbo á prancha.

Carnes

Tenreira asada, chuletas de cordeiro, carrilleiras de porco ibérico, segredo ibérico, entrecosto de tenreira, solombo de tenreira, solombo de boi, raxo e zorza, codillo de porco ibérico, chuletón de vaca.

Ensaladas e entrantes fríos

Ensalada rusa, salpicón, ensalada clásica, ensalada mixta, ensalada manchega.

Peixes

Bacallau á prancha, bacallau á galega, rodaballo salvaxe á prancha, robaliza salvaxe á prancha, robaliza salvaxe con allada galega, rape en salsa de chícharos, linguado á prancha, linguado en salsa de ourizos, bonito en rolo, chocos en salsa, atún vermello de  almadraba,  marraxo á prancha, luras, luriñas fritas ou á prancha.

Arroces

Paella de polo e de marisco.

Ofrece pratos para persoas vexetarianas e para celíacas.

Visita tamén...

Restaurantes

Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.

Marisquerías

Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.

Casas de comidas

Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.

Pizzerías

O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.

Bocaterías e hamburgueserías

Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.

Cafeterías e copas

Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.