Cafetería Somar, degusta un aperitivo no corazón da Porta do Sol.

Cafetería Somar.

Este clásico establecemento, situado no corazón da Porta do Sol, reabría as súas portas no verán do 2020 como cafetería e tamén casa de comidas, con sala de xogos. Ofrece deliciosos cafés acompañados de tarta da casa ou aperitivos coa súa correspondente tapa, ademais dunha carta na que predomina a fusión de sabores, con comida árabe e latina e, como non, tradicional galega.

Os nosos servizos.

Reserva e recollida de comida no local ( Tlf. 667 080 195 )
Pago con tarxeta

Na carta predomina a fusión de sabores.

Horario

Abre todos os días de 7,30 a 23 horas.

Capacidade

Temos un aforo duns 30 clientes.

Reserva a túa mesa ou recolle a túa encarga no

667 080 195

A nosa carta.

Comida rápida

Hamburguesa con patacas fritas; hamburguesa con vexetais e patacas fritas; club house con patacas fritas;  shawarma;  cachopo / sanjacobo con patacas fritas; tiras de polo crocantes con patacas fritas; milanesa de polo crocante con patacas fritas;  zorza; raxo; secreto;  zamburiñas á prancha; polo a broaster familiar con patacas fritas e arepas; tortilla; churrasco con patacas fritas; paella de marisco.

 

Tostas

De polbo; vexetariana; de tomate con xamón serrano; con chacina e queixo de cabra; de anchoa; con tomate e aceite; con marmelada e manteiga.

 

Racións

Croquetas variadas; empanadas; arepas; kibbe; falafel; tequeños; ensalada rusa; salpicón; tortilla; polbo á feira; bocartes fritos; gambas  rebozadas; gambas cocidas; luras fritas; luriñas.

 

Tamén temos ensaladas variadas.

Tamén temos ensaladas variadas
Ofrece pratos para persoas vexetarianas.

Visita tamén...

Restaurantes

Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.

Marisquerías

Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.

Casas de comidas

Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.

Pizzerías

O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.

Bocaterías e hamburgueserías

Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.

Cafeterías e copas

Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.