Restaurante A Frouxeira un lugar acolledor para goza dunhas excepcionais vistas.

Restaurante A Frouxeira.

Este restaurante de cociña mediterránea ofrece un lugar acolledor para unha experiencia gastronómica única, gozando dunhas excepcionais vistas. Entre as súas especialidades destaca o arroz caldoso con lubrigante e o arroz negro con choco da ría e mariscos.

Os nosos servizos.

Reserva e recollida de comida no local ( Tlf. 981 197 940 )
Comedor exterior cuberto
Ofrece pratos para persoas vexetarianas e para celíacas
Instalacións adaptadas
Pago con tarxeta
Admite mascotas na terraza

Restaurante de cociña mediterránea.

Entre as súas especialidades destaca o arroz caldoso con lubrigante e o arroz negro con choco da ría e mariscos, gozando dunhas excepcionais vistas.

Horario

No verán, de 10 horas ata o peche todos os días. E no inverno, desde o 1 de novembro ata finais de febreiro: venres, sábado e domingo de 10 horas a peche.

Capacidade

Temos un aforo de 188 comensais.

Reserva a túa mesa ou recolle a túa encarga no

981 197 940

A nosa carta.

Para picar

Ensalada rusa, croquetas de queixo San Simón e noces,croquetas de luriñas na súa tinta, tomate confeitado e guacamole, polbo á feira con cachelos, polbo á brasa con cachelos, luriñas á prancha, marraxo á prancha con salsa de allo e perexil, luras á andaluza, lagostinos ao allo, bao mariñeiro, bágoas de polo con salsa tártara, raxo de porco, hamburguesa clásica, hamburguesa gourmet.

Mariscos

Camarón, berberechos ao vapor cun toque de cítrico, zamburiñas da ría á prancha, ameixas da ría á prancha ou á mariñeira, mexillóns ao vapor, mexillóns en escabeche, navallas á prancha, nécoras, centola, lubrigante, langostinos, percebes.

Carnes

Churrasco de porco á grella, churrasco de tenreira á grella, criollo ou chourizo vermello caseiro á grella, xarrete de tenreira galega en salsa de viño Mencía, entrecosto de tenreira galega á grella, carrilleiras de porco ibérico ao Pedro Ximénez, segredo de porco ibérico á grella con verduras.

Entrantes

Ensalada césar, tacos de salmón marinado con manteiga de vainilla e encurtidos caseiros, verduras de tempada á grella con queixo de Arzúa, pa ibérica con pan de leña e tomate, salpicón de rape e centola, carpacho de solombo de tenreira e queixo curado, ceviche de peixe do día con vinagreta de xenxibre e ceboliña, lagostinos tostados con  alioli de soia, salmoira do Cantábrico con xeo pile e limón, steak tartar de tenreira galega.

Peixes

Peixe do día á brasa, lombo de bacallau co seu pil pil e patacas panadeiras, bacallau ao forno, pescada do pincho á galega, chocos da ría na súa tinta con arroz, medallóns de rape á cedeiresa.

Arroces

Arroces de verduras, paella valenciana, paella de magret de pato con foie-gras e cogomelos, paella de segredo ibérico con foie gras e cogomelos, paella de marisco, paella de  zamburiñas e chocos, paella A Frouxeira, arroz negro de chocos, fideuá negra de chocos, arroz caldoso con lubrigante, arroz caldoso de centola.

Ofrece pratos para persoas vexetarianas e para celíacas.

Visita tamén...

Restaurantes

Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.

Marisquerías

Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.

Casas de comidas

Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.

Pizzerías

O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.

Bocaterías e hamburgueserías

Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.

Cafeterías e copas

Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.