Os dous de sempre, inmellorable calidade-prezo para unha cociña tradicional, caseira e abundante.
Os dous de
sempre.
Un ambiente familiar e unha cociña tradicional, caseira e abundante. Son só dúas das claves do éxito deste establecemento, aberto ao público hai xa 25 anos. As súas especialidades son, sen dúbida, as pizzas, aínda que tamén sobresaen o lacón asado en forno de leña, o seu bacallau en salsa ou os seus callos. Foi a primeira casa de comidas que potenciou o servizo de encargas no municipio. E fai gala dunha inmellorable calidade- prezo.
Os nosos servizos.
Restaurante de cociña tradicional e caseira.
As súas especialidades son, sen dúbida, as pizzas, aínda que tamén sobresaen o lacón asado en forno de leña, o seu bacallau en salsa ou os seus callos.
A nosa carta.
Ensaladas
Ensalada normal, mixta, da casa e de Pi.
Para picar
Espaguetes boloñesa e espaguetes carbonara; lasaña caseira; raxo; raxo ao cabrales; raxo con ovos; raxo de polo; zorza; zorza con ovos; bacallau á galega; bacallau en salsa de gambón; luras, lacón asado e croquetas.
De culler
Sopa de peixe, caldo galego e callos.
Pizzas
Margarita; ao xamón york; ao champiñón, ao atún, caprichosa, mariñeira, catro estacións, catro queixos, suprema, romana, picante, de carne, siciliana e Os dous de sempre.
Visita tamén...
Restaurantes
Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.
Marisquerías
Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.
Casas de comidas
Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.
Pizzerías
O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.
Bocaterías e hamburgueserías
Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.
Cafeterías e copas
Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.