Campelo unha das pizzas máis populares de Valdoviño desde hai 25 anos.

Campelo.

Unha das pizzas máis populares de Valdoviño desde hai 25 anos sérvese nunha sorte de pub irlandés, un local cheo de madeira e de detalles, que lle achegan calor e confírenlle un estilo único. Consciente de que, na variedade está o gusto, este restaurante brinda unha amplísima carta na que as pizzas, como a de grelos que lle dá sona, e a pasta comparten protagonismo coas grelladas. Ten de todo ou case para todos os públicos. O local incorpora tras a súa recente actualización toques vintage no seu exterior.

Os nosos servizos.

Reserva e recollida de comida no local ( Tlf. 981 485 210 )
Ampla terraza cuberta
Aparcadoiro privado
WiFi gratis
Pago con tarxeta
Admite mascotas na terraza

Un restaurante cunha amplísima carta e un estilo único.

As pizzas, como a de grelos que lle dá sona, e a pasta comparten protagonismo coas grelladas.

Horario

De martes a domingo, de 13 a 15.45 horas e de 20 a 23.45 horas. Luns pechado.

Capacidade

Temos un aforo duns 100 comensais.

Reserva a túa mesa ou recolle a túa encarga no

981 485 210

A nosa carta.

Para picar

Patacas rancheiras, pan de allo, pan de allo con mozzarella, delicias de queixo empanadas, provolone ao forno, tiras de polo, croquetas caseiras. Polbo á feira, luras á andaluza, luriñas á prancha, marraxo á prancha, raxo con distintas salsas, polo ao queixo san simón, e polo en salsa de pementos do piquillo.

Ensaladas

Normal, italiana, césar, mariñeira, da casa, tropical, rústica e gourmet.

Carnes

A prancha: entrecosto de tenreira, entrecosto de tenreira á pementa negra, ao queixo cabrales ou ao roquefort; segredo de porco; solombo de tenreira, solombo de tenreira á pementa negra, ao cabrales ou ao roquefort; churrasco de porco e de tenreira, e chourizo criollo.

O forno: costelar BBQ, e costelar á mostaza e ao mel.

Hamburguesas

Hamburguesa de boi con queixo; hamburguesa de boi con queixo, beicon, leituga, tomate, cebola; hamburguesa de vacún con queixo; hamburguesa de vacún con queixo, beicon, leituga, tomate e cebola; hamburguesa de polo con queixo; hamburguesa de polo con queixo, beicon, leituga, tomate e cebola.

Crepes

Quentes: grellada, Campelo, de carne, de espinacas, de cogomelos, gourmet, yorkeso, philadelphia.

Fríos: mariscal e mediterráneo.

Pizzas

Barbacoa, a Campelo (que leva grelos, lacón, chourizo e beicon, todo iso cuberto con queixo do país), a gourmet, a montañesa, a tumaca, a catro queixos, a boloñesa, a carbonara, a crioula, a de carne, a de espinacas, a da casa, a de polo, a de cogomelos, a diávola, a guay, a de ibéricos, a kebab, a mariñeira,  a napolitana, a pepperoni, a philadelphia, a pizza- guetti, a tropical e a vexetal.

Pasta fresca

Espaguetes ao ovo, macarróns ao ovo e ñoquis de pataca. Raviolis recheos de carne, de queixos ou de cogomelos e capeletis recheos de queixo, ricota, espinacas e noces. Lasañas de carne, mixta, de cogomelos e crep Campelo.

Ofrece pratos para persoas vexetarianas e para celíacas.

Visita tamén...

Restaurantes

Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.

Marisquerías

Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.

Casas de comidas

Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.

Pizzerías

O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.

Bocaterías e hamburgueserías

Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.

Cafeterías e copas

Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.