Casa Caneiro, servindo o mellor marisco desde a década dos 40.
Marisquería Casa Caneiro.
Casa Caneiro servía as súas primeiras comidas na década dos 40 do pasado século, peixe e marisco colleito cada día. Oitenta anos despois, hoxe a terceira xeración está á fronte dunha mariscaría mítica onde o sabor a mar e o trato continúan sendo os mesmos de sempre. Un traballo aprendido durante anos e anos de dedicación, mimo aos bos produtos –entre as súas especialidades figuran o polbo, os percebes e os berberechos- e a mellor atención posible.
Os nosos servizos.
Combinando os mellores mariscos e a mellor atención.
Entre as súas especialidades figuran o polbo, os percebes e os berberechos.
A nosa carta.
Mariscos
Mexillóns, berberechos, ameixas, langostinos, longueiróns, coquina, zamburiñas á prancha, zamburiñas en salsa, polbo, percebes, boi da ría, lumbrigante, langosta.
Ofrece pratos para persoas vexetarianas.
Visita tamén...
Restaurantes
Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.
Marisquerías
Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.
Casas de comidas
Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.
Pizzerías
O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.
Bocaterías e hamburgueserías
Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.
Cafeterías e copas
Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.