Muramar, saborea unha tapa ou un café, gozando das mellores vistas da costa de Meirás.

Café Bar Muramar.

Un plan de luxo que ofrece o café bar Muramar, grazas ao seu privilexiado emprazamento xusto sobre a praia do Río. O local serve bocadillos, hamburguesas e un amplo abano de racións (marraxo, raxo, polbo…), que permiten redondear unha xornada de praia, sen necesidade de coller o coche. Durante as fins de semana, non faltan os petiscos de roxóns e callos. Un clásico con tirón.

Os nosos servizos.

Reserva e recollida de comida no local ( Tlf. 981 485 258 )
Ampla terraza
WiFi gratis
Instalacións adaptadas
Pago con tarxeta
Emite o fútbol de pago

Un emprazamento privilexiado xusto sobre a praia do Río.

Horario

Aberto a diario desde as 9 horas ata o peche nocturno. Descanso semanal os martes pola tarde.

Capacidade

Temos un aforo duns 90 comensais.

Reserva a túa mesa ou recolle a túa encarga no

981 486 230
Web Media

A nosa carta.

Gran variedade de racións.

Patacas bravas ou ao alioli, salchipapa, delicias de raxo, delicias de zorza, “pitiñas” de polo, tenreira asada, polo ao queixo, ensalada clásica e mixta, ameixas, berberechos, mexillóns ao vapor, polbo con pataca panadeira, luriñas á prancha, bocadillos, hamburguesa simple ou completa e hamburguesa Bela Italia.

 

Visita tamén...

Restaurantes

Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.

Marisquerías

Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.

Casas de comidas

Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.

Pizzerías

O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.

Bocaterías e hamburgueserías

Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.

Cafeterías e copas

Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.