Mesón Aviño, un clásico da zona que mantén o gusto pola tradición.

Mesón Aviño.

Ambiente familiar e trato próximo nun establecemento que data do ano 1789, outrora casa de comidas e tamén tenda de ultramarinos. Hoxe en día, o seu bo facer nos fogóns converteuno nun lugar clásico da zona que mantén o gusto pola tradición. As súas especialidades son os callos, o bacallau á portuguesa e máis o codillo.

Os nosos servizos.

Reserva e recollida de comida no local ( Tlf. 981 485 556 )
Ampla terraza cuberta
Aparcadoiro privado
WiFi gratis
Pago con tarxeta
Admite mascotas na terraza

Un establecemento que data do ano 1789.

As súas especialidades son os callos, o bacallau á portuguesa e máis o codillo.

Horario

A diario, durante todo el año, de 9 a cierre (martes cerrado).

Capacidade

Temos un aforo duns 80 comensais.

Reserva a túa mesa ou recolle a túa encarga no

981 485 556
Web Media

A nosa carta.

Ofrece…

Luriñas, gambas ao allo, lagostinos, polbo á feira, luras, croquetas caseiras, rabas, raxo á pementa, raxo con zorza, tripas, polo ao queixo, champiñóns ao allo, patacas alioli, patacas bravas, revolto de verduras e salteado de verduras.

 

Visita tamén...

Restaurantes

Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.

Marisquerías

Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.

Casas de comidas

Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.

Pizzerías

O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.

Bocaterías e hamburgueserías

Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.

Cafeterías e copas

Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.