A Ramalleira, cunha fama culinaria que traspasa fronteiras.

A Ramalleira.

Produtos de primeira, experiencia e mimo na elaboración do seu receitario, asentado na máis pura tradición da nosa terra, son os seus acenos de identidade. Un establecemento clásico en Pantín onde tomarse un café á mañanciña ou un aperitivo xa entrados no mediodía e, como non, sentar á súa mesa para compartir un excelente menú. Entre as súas especialidades figuran os callos e o cabrito.

Os nosos servizos.

Reserva e recollida de comida no local ( Tlf. 682 454 638/ 981 486 050 )
Terraza
Aparcadoiro privado
Pago con tarxeta
Admite mascotas na terraza

Un establecemento clásico en Pantín para compartir excelente menú.

Entre as súas especialidades figuran os callos e o cabrito.

Horario

A diario, durante todo o ano, de 10 a 18 horas (martes pechado).

Capacidade

Temos un aforo duns 70 comensais.

Teléfono

Reserva a túa mesa ou recolle a túa encarga no

Visita tamén...

Restaurantes

Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.

Marisquerías

Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.

Casas de comidas

Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.

Pizzerías

O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.

Bocaterías e hamburgueserías

Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.

Cafeterías e copas

Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.