Taberna do Puntal, tapas e racións nas que prima a calidade do produto.

Taberna do Puntal.

Entrar no “decorado” dunha taberna centenaria, aínda é posible en Valdoviño. Unha experiencia ao alcance de quen senta á mesa da Taberna do Puntal, un local con encanto que atesoura a fórmula do éxito. As claves: tapas e racións nas que o produto de calidade prima sobre as rebuscadas elaboracións, un equipo con ganas de agradar e o propio enclave natural no que se asenta o local, no esteiro de Vilarrube. Entre as especialidades figuran os mariscos, as carnes e os ibéricos. Visita obrigada.

Os nosos servizos.

Reserva e recollida de comida no local ( Tlf. 981 480 532 )
Terraza cuberta e sen cubrir
Aparcadoiro privado
WiFi gratis
Pago con tarxeta
Instalacións adaptadas
Admite mascotas na terraza

Unha experiencia ao alcance de quen senta nas súas mesas.

Entre as especialidades figuran os mariscos, as carnes e os ibéricos.

Horario

De xoves a domingo, de 11 a 17 horas (horario de comidas, de 13 a 16 h)

Capacidade

Temos un aforo de 80 comensais

Reserva a túa mesa ou recolle a túa encarga no

636 052 601
Web Media

A nosa carta.

Entrantes

Táboa de queixos.

Carnes

Raxo e segredo ibérico.

 

Mariscos e peixes

Gambas de Huelva, berberechos, vieiras, zamburiñas, chocos, luras, polbo e marraxo.

Visita tamén...

Restaurantes

Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.

Marisquerías

Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.

Casas de comidas

Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.

Pizzerías

O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.

Bocaterías e hamburgueserías

Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.

Cafeterías e copas

Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.