Chiringuito A Saíña, goza dos seus almorzos ou dun refresco mirando ao Océano Atlántico.

Chiringuito A Saíña

En pleno percorrido polo paseo de madeira que bordea o seu contorno, a escasos centímetros poderiamos mesmo tocar a súa area desde o Chiringuito A Saíña. Tanto a súa ampla terraza como o seu interior, acristalado dende o chan ata o teito, miran ao Atlántico. Hai mellor razón para gozar dos seus almorzos- especialidade da casa-, ou dun viño ou refresco nel, sexa inverno ou verán?

Os nosos servizos.

Varias zonas de terraza, parte delas cubertas
Área exterior de grella
Instalacións adaptadas
Pago con tarxeta
Admite mascotas na terraza
Horario

No verán, de 10 a 2 horas de luns a domingo. E no inverno, todos os días de 11 a 20 horas.

Capacidade

Temos un aforo duns 120 comensais.

Contacta con nós mediante o teléfono:

600 012 582
Web Media

Visita tamén...

Restaurantes

Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.

Marisquerías

Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.

Casas de comidas

Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.

Pizzerías

O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.

Bocaterías e hamburgueserías

Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.

Cafeterías e copas

Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.