Teleclub Vilaboa, o gran punto de encontro da veciñanza da parroquia de Vilaboa e máis dos seus arredores.
Teleclub Vilaboa.
O bar do Centro cultural Rosalía é o gran punto de encontro da veciñanza da parroquia de Vilaboa e máis dos seus arredores, como San Sadurniño ou Cerdido, que acoden ao local para tomarse o café matinal ou o viño do mediodía. Sempre acompañado do petisco, por xentileza da casa. O teleclub conta cunha clientela fiel, de marcado carácter interxeracional. De feito, é un lugar de reunión habitual dos máis novos e novas as fins de semana.
Os nosos servizos.
Valdoviño. Onde Comer?
Visita tamén...
Restaurantes
Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.
Marisquerías
Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.
Casas de comidas
Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.
Pizzerías
O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.
Bocaterías e hamburgueserías
Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.
Cafeterías e copas
Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.