O bichesco, unha alegría para as persoas amantes dos bos caldos.

O bichesco.

Se o que buscas é probar un viño diferente, O bichesco bríndache esta posibilidade. Esta pequena vinoteca, aberta en 2008, e situada de camiño ás praias de Meirás, preséntase como unha alternativa ideal para tomar unha copa entre amigos e amigas antes de comer. E sempre, está claro, acompañada dos petiscos galegos máis tradicionais, desde callos a zorza. O local ofrece ademais cafés e almorzos.

Os nosos servizos.

Pequena terraza
WiFi gratis
Pago con tarxeta

Visita tamén...

Restaurantes

Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.

Marisquerías

Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.

Casas de comidas

Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.

Pizzerías

O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.

Bocaterías e hamburgueserías

Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.

Cafeterías e copas

Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.