Que tal un almorzo ou un bo xantar coas mellores vistas da praia de Vilarrube?

La Explanada

Que tal un almorzo ou un bo xantar coas mellores vistas da praia de Vilarrube? Pois darse ese capricho é posible en La explanada, todo un clásico estival. Fundado na década dos 80, o local conta cunha terraza de luxo e no verán funciona a diario. Entre as especialidades da casa, a tortilla, que preparan ao gusto de cada comensal e, como non, os mexillóns ao toque da Avoa Chelo. Toda a comida faise no momento, polo que é imprescindible reservar previamente chamando ó local.

Os nosos servizos.

Reserva e recollida de comida no local (675 827 580)
Ampla terraza
Instalacións adaptadas
Pago con tarxeta
Párking privado

Pratos estrela de peixes e de mariscos.

Horario

Dende Semana Santa ata finais de setembro, de 11 horas a peche de luns a domingo. Horario de cociña, de 12 h a 16 h e de 20 h a 23 h.

Capacidade

Temos capacidade para 50 comensais

Contacta con nós mediante o teléfono:

675 827 580
Web Media

A nosa carta.

Ensaladas con nome propio

Pizca de sabor
Saudable
Cítrica

Do noso mar

Polbo á feira ou á prancha
Mexilóns ó vapor co toque da Avoa Chelo
Ameixas á mariñeira
Longueiróns
Zamburiñas á prancha
Berberechos
Bocatas

Degusta e comparte

Ovos ó estilo “Casa Lucio” cun toque xamón
Tortilla de pataca
Tosta de tomate natural, queixo de cabra e cebola caramelizada
Tosta de polbo e queixo cremoso
Croquetas caseiras
Raxo ó estilo do Chef
Zorza de polo
Pementos de Padrón
Chipiróns

Visita tamén...

Restaurantes

Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.

Marisquerías

Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.

Casas de comidas

Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.

Pizzerías

O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.

Bocaterías e hamburgueserías

Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.

Cafeterías e copas

Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.