El Paraíso, un dos mesóns con máis sona de Valdoviño con petiscos que saben a tradición.

El Paraíso.

Con máis dun século de vida ás súas costas, o segreto do éxito de El Paraíso pasa por manterse fiel a unha receita que lle funciona: petisco e viño. Un bocado con sabor tradicional que cambia cada día, nun esquema invariable que se repite semanalmente desde hai xa dúas décadas. Especial éxito teñen as ás de polo. Ademais, o local ofrece comidas, previa encarga, sendo a especialidade da casa o rabo de touro.

Os nosos servizos.

Pequena terraza
Aparcadoiro privado
Instalacións adaptadas
WiFi gratis
Horario

Durante o verán, abre a diario de 10 a 16 e de 19.30 ao peche.

Capacidade

Temos un aforo duns 40 clientes.

Contacta con nós mediante o teléfono:

981 486 963

Visita tamén...

Restaurantes

Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.

Marisquerías

Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.

Casas de comidas

Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.

Pizzerías

O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.

Bocaterías e hamburgueserías

Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.

Cafeterías e copas

Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.