Casa Marino, parada obrigatoria en Meirás para tomar un viño e un petisco.

Casa Marino.

Este bar de toda a vida abre nova etapa tras una completa posta ao día das súas instalacións, agora cun toque vintage e con tributo á propia historia do local, aberto a comezos dos anos 30. De marcado carácter familiar- está á fronte o neto dos seus fundadores-, Casa Marino asenta o seu éxito nunha receita tan sinxela como exitosa: viño e petisco coa consumición. De venres a domingo, a clientela pode elixir entre unha terna de sabores. Ademais, incorpora nova terraza.

Os nosos servizos.

Terraza
Zona de aparcadoiro
WiFi gratis
Horario

De luns a sábado de 8.30 a 15 horas e de 17.30 ata o peche. Os domingos só abre en horario matinal.

Capacidade

Temos un aforo de 30 persoas.

Contacta con nós mediante o teléfono:

981 486 961
Web Media

Visita tamén...

Restaurantes

Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.

Marisquerías

Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.

Casas de comidas

Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.

Pizzerías

O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.

Bocaterías e hamburgueserías

Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.

Cafeterías e copas

Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.