Bar Suízo, opción idónea para tomar algo e acompañalo cun pincho.
Bar Suízo.
Este local, aberto nos anos oitenta, e frecuentado sobre todo por xente da zona, presume de ambiente familiar e de contar cunha clientela fiel. Constitúe unha opción idónea para tomarse un café, unha cervexa ou un bo viño, aos que sempre acompaña o correspondente pincho. A súa localización próxima ao encoro das Forcadas fai que cada día máis visitantes coñezan este veterano bar.
Os nosos servizos.
Valdoviño. Onde Comer?
Visita tamén...
Restaurantes
Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.
Marisquerías
Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.
Casas de comidas
Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.
Pizzerías
O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.
Bocaterías e hamburgueserías
Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.
Cafeterías e copas
Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.