A cepa, o punto de parada de visitantes e persoas traballadoras.

A cepa.

Esta cervexaría ten entre os veciños e veciñas da parroquia de Sequeiro a súa principal clientela. É o local que elixen para tomar o café matinal ou o viño de mediodía. Con todo, o seu emprazamento, fai que sexa tamén punto de parada de visitantes e persoas traballadoras. Pensando nelas, serve ademais racións, pizzas e hamburguesas. Os domingos énchese, grazas aos petiscos de tripas.

Os nosos servizos.

Reserva e recollida de comida no local ( Tlf. 667 727 485 )
Terraza cuberta e descuberta
Amplo aparcadoiro
Instalacións adaptadas
WiFi gratis
Admite mascotas
Horario

De luns a venres, de 7.30 a peche (ao redor das 23 horas). Fins de semana e festivos, de 9 horas ata o peche.

Contacta con nós mediante o teléfono:

667 727 485
Web Media

Visita tamén...

Restaurantes

Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.

Marisquerías

Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.

Casas de comidas

Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.

Pizzerías

O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.

Bocaterías e hamburgueserías

Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.

Cafeterías e copas

Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.