Oito equipos disputarán en Valdoviño o Torneo de Fútbol Sala OcioSol
Organizado polo Concello, o calendario inaugurarase este mércores
Valdoviño, 28 de xullo do 2026. Oito equipos disputarán de aquí a setembro unha nova edición do Torneo de Fútbol Sala OcioSol, un dos máis veteráns de toda a comarca. Un ano máis, estará organizado polo Concello de Valdoviño, con partidos cada semana no pavillón municipal O Longoiro, en Meirás, a última hora da tardiña para favorecer a asistencia do público. Así, o calendario pode consultarse na web municipal, e inaugurarase este mesmo mércores 29 de xullo, con encontros ás 20:00 h, 21:00 h e 22:00 h.
Tras a fase de liguilla, os mellores clasificados enfrontaranse en cuartos, o mércores e xoves 26 e 27 de agosto, respectivamente. As semifinais están previstas para o martes 1 de setembro, e a gran final, para o venres 4.
Cun altísimo nivel, estes son os equipos que tomarán parte na competición:
- FS Valdoviño
- Justo al Revés FS
- Santa Mariña
- Minuetto/Radiocar
- Roxal
- Bar El Paseo
- Autos Pasuco
- Inter Tuimil
Dende o Concello de Valdoviño, anímase á cidadanía a desfrutar coma público dos encontros.
