Relaxa, renóvate e presume de estilo.

Despeluxada

A súa máxima é “perfectamente imperfecta”, fuxindo de peiteados retocados e perfectos.

Valdoviño

Maranello Estilistas

Un asesoramento personalizado e unha amplísima variedade de tratamentos estéticos son os principais sinais de identidade de Maranello Estilistas, unha perruquería unisex con zona de barbería, sempre á vangarda.

Valdoviño

Lupe Rodríguez Estilistas

Cortes, tinte. moldeado… O salón Lupe Rodríguez ofrece moito mais que transformar o teu look. A súa proposta céntrase no coidado da saúde capilar.

Lago

Bea Cobelo centro de estética

Masaxes relaxantes, tratamentos faciais e corporais, depilación con cera ou fío, peelings corporais e maquillaxe son só algunhas das opcións que poderemos atopar no Centro de Estética Bea Cobelo.

Valdoviño

Peluquería de caballeros Amancio

Unha das perruquerías de referencia para os veciños de Valdoviño polo servizo de calidade que ofrece o seu propietario, e que dá nome ao establecemento situado na Porta do Sol. Un trato cercano e personalizado co que te sentirás na casa.

Valdoviño

Peluquería Eva Feal

Se queres un cambio de imaxe, Eva Feal, profesional experimentada no sector, asesorarate.

Meirás

Peluquería María José

Salón de peiteado de proximidade. Trinta anos de experiencia e unha clientela fiel, tanto da zona como doutros puntos de Ferrolterra, avalan o bo facer de María José.

Meirás

Peluquería Arantxa Romeo

Salón de peiteado e centro de estética todo en un. En Arantxa Romeo, non só se preocupan por coidar do cabelo de mulleres e homes, inciden tamén na importancia do coidado da pel, ofrecendo tratamentos cosméticos 100 % naturais.

Vilaboa

Centro de estética Rogel

Un centro para relaxarse e mellorar o noso aspecto.

Meirás