Supermercado Cooperativa Vilaboa

Supermercado Cooperativa Vilaboa

Un súper adaptado á contorna rural na que se atopa, e con todo o que precisa a veciñanza no seu día a día. Conta con seccións de alimentación -cunha ampla gama de produtos a prezos competitivos, froita e verdura fresca, conxelados, charcutería- e máis de droguería e de perfumería. Incorpora tamén unha zona de mercería e de fogar, e mesmo calzado.

“Temos o xusto, sen pasarnos e sen quedarnos curtos”, resumen. O establecemento, unido á agrotenda, opera baixo o paraugas de Claudio, e aposta pola proximidade e o trato máis familiar. Conta con reparto a domicilio gratuíto os martes e venres.

Datos de interese

Ano de fundación

1990

Pago con tarxeta

Horario

De luns a venres de 9.00 a 20:00 horas

Sábados, de 9:00 a 13:00 horas.

Como chegar?

Visita tamén...

Alimentación

En Valdoviño, ultramarinos, supermercados e tendas especializadas ofrecen proximidade, variedade e confianza.familiar e un ambiente inmellorable.

Saúde

Saúde e benestar ao teu alcance. Farmacias, clínicas e profesionais ao teu servizo cando máis o precisas.

Perruquerías e centros de beleza

Espazos para coidarte e sentirte ben, perruquerías e centros de beleza en Valdoviño para mimarte como mereces

Talleres

Mecánicos de confianza e servizos especializados para o teu vehículo. Nos talleres de Valdoviño, atendas ás necesidades do teu coche con profesionalidade e rapidez

Xestorías e seguros

Para facer as túas xestións sen complicacións e asegurar o futuro, as xestorías e aseguradoras ofrecen servizos personalizados e profesionais que che dan tranquilidade.

Agrotendas

Todo o necesario para o teu xardín e horta, con produtos de calidade para traballar a terra e coidar das túas plantas.