Supermercado da Cooperativa de Lago
Supermercado da Cooperativa
de Lago
Un supermercado orientado, por riba de todo, a cubrir as necesidades das persoas socias, aínda que calquera cliente coincidirá en que hai de todo. O establecemento conta cun catálogo notable de produtos de alimentación, bebidas, droguería e limpeza de primeira calidade, no que non faltan as marcas líderes e algunhas delicatessen.
Aberto ao público nos anos noventa, dispón ademais na actualidade dunha ampla sección de froitas e verduras frescas, pan da zona, e variedade de embutidos, carne envasada, e alimentos sen glute.
Por se fora pouco, o súper da Cooperativa de Lago é o único punto de venda de alimentación de Valdoviño no que poderás mercar peixe fresco. E todo con prezos competitivos. A maiores pódese atopar calzado, papelería…
Datos de interese
2008
Si, e tamén con dispositivos móbiles
De luns a sábado de 9:00 a 21:00 horas.
Como chegar?
Visita tamén...
Alimentación
En Valdoviño, ultramarinos, supermercados e tendas especializadas ofrecen proximidade, variedade e confianza.familiar e un ambiente inmellorable.
Saúde
Saúde e benestar ao teu alcance. Farmacias, clínicas e profesionais ao teu servizo cando máis o precisas.
Perruquerías e centros de beleza
Espazos para coidarte e sentirte ben, perruquerías e centros de beleza en Valdoviño para mimarte como mereces
Talleres
Mecánicos de confianza e servizos especializados para o teu vehículo. Nos talleres de Valdoviño, atendas ás necesidades do teu coche con profesionalidade e rapidez
Xestorías e seguros
Para facer as túas xestións sen complicacións e asegurar o futuro, as xestorías e aseguradoras ofrecen servizos personalizados e profesionais que che dan tranquilidade.
Agrotendas
Todo o necesario para o teu xardín e horta, con produtos de calidade para traballar a terra e coidar das túas plantas.
