A tenda da Carreira

A tenda da
Carreira

Fundado no ano 1898, foi durante décadas o típico bar con tenda de aldea. Xa nos anos noventa reconverteuse en tenda de proximidade, cunha localización estratéxica no límite co veciño municipio de Narón e ao pé da AC-566.

No establecemento, incluído na rede de Covirán, pódese atopar un pouco de todo: alimentación en xeral (froita, embutidos, pan do día…), produtos de droguería e limpeza, bebidas e ata zapatillas.

Trátase dun negocio familiar- catro xeracións traballaron no local- que inclúe ademais estanco, un gancho fundamental para a clientela. Abre de luns a domingo e, en caso de necesidade, transporta a compra a domicilio.

Datos de interese

Ano de fundación

1898

Pago con tarxeta

Si, e tamén con dispositivo móbil

Horario

De luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16.30 a 20.30 horas.

Sábados de 9:00 a 14:00 horas.

Domingos de 9.30 a 13:00 horas.

Como chegar?

Visita tamén...

Alimentación

En Valdoviño, ultramarinos, supermercados e tendas especializadas ofrecen proximidade, variedade e confianza.familiar e un ambiente inmellorable.

Saúde

Saúde e benestar ao teu alcance. Farmacias, clínicas e profesionais ao teu servizo cando máis o precisas.

Perruquerías e centros de beleza

Espazos para coidarte e sentirte ben, perruquerías e centros de beleza en Valdoviño para mimarte como mereces

Talleres

Mecánicos de confianza e servizos especializados para o teu vehículo. Nos talleres de Valdoviño, atendas ás necesidades do teu coche con profesionalidade e rapidez

Xestorías e seguros

Para facer as túas xestións sen complicacións e asegurar o futuro, as xestorías e aseguradoras ofrecen servizos personalizados e profesionais que che dan tranquilidade.

Agrotendas

Todo o necesario para o teu xardín e horta, con produtos de calidade para traballar a terra e coidar das túas plantas.