Obradoiro para elaborar e aplicar métodos de control de enfermidades e pragas alternativos aos químicos nas nosas hortas e xardíns

A Asociación Amigos do Parque Xeolóxico do Cabo Ortegal promove a acción o 6 de agosto no centro sociocomunitario, con inscrición aberta

Valdoviño, 28 de xullo do 2025. Os métodos de control de enfermidades e pragas nas hortas e xardíns, alternativos aos químicos, centrarán o obradoiro teórico-práctico que celebrará en Valdoviño a Asociación Amigos do Parque Xeolóxico do Cabo Ortegal. A acción formativa terá lugar o mércores 6 de agosto no centro sociocomunitario, de 17:00 a 21:00 horas, co apoio do Concello, e a inscrición está aberta a través do correo parqueortegal@gmail.com e teléfono 624 579 926. O custe da actividade é de 31 euros/persoa e de 26 euros para os socios e socias.

A acción, impartida por Axiña Asesoramento Rural Integral SCG, permitirá ás persoas participantes aprender a elaborar e aplicar métodos naturais para combater pragas.