O XXXII Torneo de fútbol Concello de Valdoviño, en xogo este sábado

O triangular xogarase no campo de fútbol Juan Sabín, e a competición feminina en Mourente

Valdoviño, 29 de agosto do 2024. Este sábado, 31 de agosto, chega un clásico do deporte local: Torneo de fútbol Concello de Valdoviño, que alcanza a súa 32 edición con dobre sede. O municipal de Mourente acollerá o partido feminino, en tanto que o triangular, protagonizado polos clubs do municipio, disputarase no Campo Juan Sabín, en Vilaboa.

A xornada incluirá en horario matinal o torneo feminino, que enfrontará ao conxunto da EFB Amistade co CD. Cariño. Será a partir das 12 horas. Pala tarde, será a quenda da  competición masculina.

O CD. Rosalía de Vilaboa e a SD. Valdoviño saltarán ao terreo de xogo, abrindo o torneo, a partir das 18 h. Xusto unha hora despois, terá lugar o encontro entre o Rosalía e o Meirás CF. E no terceiro e último encontro, previsto para as 20 horas, mediranse a SD. Valdoviño e o Meirás. Ao seu termo, procederase a entrega de trofeos.

Concello e clubs participantes convidan a veciños e visitantes a achegarse ao campos de Vilaboa e Mourente para vivir en directo a emoción dos partidos e animar aos seus respectivos equipos.