O XIII Encontro Infantil no Entroido celebrarase este sábado no pavillón municipal O Longoiro ambientado na selva
Con entrada libre, haberá inchables, talleres, caricaturista e zona baby
Valdoviño, 24 de febreiro do 2025. O Concello de Valdoviño inaugurará este sábado 1 de marzo o calendario de Entroido co Encontro Infantil. Alcanzará a súa XIII edición e, como é tradición, celebrarase no pavillón municipal O Longoiro, en Meirás. A festa para os máis pequenos e pequenas da casa arrincará ás 17:00 horas, e nesta ocasión, estará ambientada na selva. Con entrada libre, prolongarase ata as 20:00 horas, e contará cunha morea de sorpresas.
Haberá un parque de inchables e talleres centrados na temática desta edición. Ademais, o Concello volverá habilitar a zona baby para as crianzas, e regresará o caricaturista.
Por último, o Concello anima a nenos/as e maiores a preparar o disfraz e acudir á cita.
Comentarios