O último día de competición do Campionato nacional de Surfing na Frouxeira nas categorías júnior deixa cinco novos campións de España

Os chamados a ser o futuro do surf nacional demostran que o surf nacional ten canteira

O terceiro e último día de competición nas categorías júnior celebrado onte na praia da Frouxeira, deixou un total de cinco novos campións de España. O acto final dos chamados a ser o futuro do surf nacional non deixou lugar a dúbidas, demostrando que o surf español ten canteira.

Tres días de intensa competición na que pais, nais e fillos puideron desfrutar das condicións do mar que sempre garante o municipio de Valdoviño. Cando en ningunha praia da Península hai olas, a localidade pode permitirse o luxo de facer un campionato como este, o estatal.

Finalmente, o campionato de España junior deixounos os seguintes resultados:

Categoría sub 12 masculina:

  1. Álvaro Casanova
  2. Oinatz Ortega
  3. Marco Albacete
  4. Samuele Agliani

Categoría sub 12 femenina:

  1. Paula Díaz
  2. Adriana Hidalgo
  3. Carla Morera
  4. Cristina de Llano

Categoría sub 14 masculina:

  1. Eder Fuentes
  2. Dylan Donegan
  3. Hans Odriozola
  4. Nahuel García

Categoría sub 14 femenina:

  1. Annette González-Etxabarri
  2. Saioa Ortega
  3. Laine Fernández
  4. Martina Escobar

Categoría sub 16 masculina:

  1. Kai Odriozol
  2. Conor Donegan
  3. Nicolás Montero
  4. Sebastian Bamonde

Categoría sub 16 femenina:

  1. Janire González-Extebarri
  2. Enara Palacios
  3. Ibone Gómez
  4. Uxue Lopetegui

Categoría sub 18 masculina:

  1. Jacobo Trigo
  2. Mario Resines
  3. Markel Bizkarguenaga
  4. Moisés Domínguez

Categoría sub 18 femenina:

  1. Lucía Machado
  2. Bianca Tye
  3. Julia González
  4. Alejandra García