O programa Porta a Porta ofrecerá en xuño servizos de estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía en Valdoviño
As persoas maiores de 55 anos interesadas deben solicitar cita previa
Valdoviño, 22 de maio do 2023. O autocar do programa de coidados Porta a Porta regresará a Valdoviño en xuño. Os días 8, 9, 12 e 13 do próximo mes, permanecerá na explanada de Covacano, na Porta do Sol, para ofrecer gratuítamente servizos de estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía. Así, as persoas maiores de 55 anos interesadas en acceder aos mesmos deben solicitar, dende xa, cita previa nos teléfonos 622 748 283 e 623 546 992 ou correo coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.
O programa, que impulsa a Xunta a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Estado, conta coa colaboración dos concellos, e máis en detalle ofrece:
-Podoloxía: consulta básica, corte e limpeza de unllas, eliminación de durezas, calosidades e helomas, e valoración do estado xeral do pé.
-Audioloxía: consulta básica, exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
-Estimulación da memoria: unha valoración cognitiva e a posta a disposición de pautas dende unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.
Comentarios