O programa de actividades deportivas Ociosol contou este verán con preto de 300 participantes
O tenis e o fútbol sala foron, un ano máis, as disciplinas con máis participantes, tras as actividades acuáticas
Valdoviño, 29 de agosto do 2025. Un total de 212 veciños e visitantes tomaron parte ao longo do verán 2025 nas distintas propostas de Ociosol. O programa deportivo estival do Concello de Valdoviño, destinado a evitar o sedentarismo da durante as vacacións, chega hoxe á súa fin tras dous meses de actividade. E faino coma sempre, coas tradicionais entregas de diplomas.
A oferta do 2025 incluíu escolas de fútbol sala, de tenis, de multixogo- atletismo, de baloncesto, e ximnasia de mantemento, ademais das actividades acuáticas da piscina municipal, que volveron ser o pilar fundamental da oferta.
Así, preto de 140 veciños/as participaron este ano nas propostas organizadas na instalación deportiva e recreativa, situada en Lago. Houbo catro grupos de iniciación, dous de nivel intermedio, un de perfeccionamento de natación para nenos e nenas, ademais de natación para bebés, aquagym e máis nado libre.
As clases do resto das disciplinas desenvolvéronse na pista polideportiva da Frouxeira, agás as clases de ximnasia, destacando pola súa boa acollida as actividades de tenis e máis de fútbol sala, que se sumaron 24 e de 20 participantes, respectivamente.
Ao longo desta semana o alcalde Alberto González, o concelleiro de Deporte, Sergio Saavedra, participaron nas distintas entregas de diplomas do programa, concibido para fomentar a vida activa da veciñanza, especialmente dos máis novos en período non lectivo.
