Presentada oficialmente a 37 edición do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2024
O competición desenvolverase entre o 24 de agosto e o 1 de setembro
Valdoviño, 23 de agosto do 2024. Todo a punto na efémera cidade do surf montada en Ariño para o arranque este sábado da 37 edición de Abanca Pantin Classic Galicia Pro. Un evento que conxuga deporte, igualdade, corresponsabilidade e inclusión co lecer ao aire libre e a música en directo.
Este mediodía tiña lugar a presentación oficial da competición coa presenza das Administracións Públicas- Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, Axencia de Turismo de Galicia, Deputación da Coruña e concellos de Valdoviño e Ferrol- e patrocinadores privados que, un ano máis, fan posible este suma e segue que é o mellor escaparate das potencialidades da costa galega cunha aposta permanente pola sustentabilidade, e a preservación da contorna.
O alcalde de Valdoviño, Alberto González, que exerceu de anfitrión “na capital do surf de Europa nun espazo recoñecido pola UNESCO como Xeoparque”, subliñou o inmenso patrimonio natural que conforma a “Costa das Ondas” para un turismo deportivo, sostible e de calidade. E puxo e valor o “mérito dunha organización que traballa arreo durante todo o ano para que o evento siga medrando”.
“Este é o campionato máis antigo de España e o máis internacional”, destacou Rosana García, concelleira de Cultura e Turismo de Valdoviño e deputada provincial, quen agradeceu particularmente a colaboración e a implicación de toda a veciñanza de Pantín para facer posible o desenvolvemento da proba.
SURF INCLUSIVO E OPEN GALEGO
A competición comeza os días 24 e 25 coa proba internacional de surf adaptado, por primeira vez dentro do calendario da Para Surf League, o equivalente da WSL (World Surf League) nesta disciplina onde toman parte 40 deportistas (15 mozas e 25 mozos).
En paralelo, dispútase o Open Galego para brindar a oportunidade de que os deportistas da nosa terra que proben a súa destreza estes días logren un pase directo -4 Wildcards- á competición principal (2 categoría masculina e 2 en feminina).
WSL: A COMPETICIÓN
A competición principal arrinca o luns 26 coas primeiras mangas da liga Mundial de Surf Profesional (WSL), a única proba en España do seu calendario europeo, cara á gran final da fin de semana. Entre os case 200 deportistas rexistrados destaca Kauli Vaast, que vén de coroarse como o campión olímpico en París 2024. E entre as mozas, Janire González-Etxabarri, gañadora da edición 36, Teresa Hopkins, ou a francesa Pauline Ado.
Ademais da competición, do 24 de agosto ao 1 de setembro, haberá música en directo co cartel do Pantin Sound con nove actuación, espazo para a conciliación, tendas, e unha decena de foodtrucks na zona de lecer e restauración con propostas