O portugués Guilherme Ribeiro e Anat Lelior proclámanse gañadores do Abanca Pantín Classic Galicia Pro

O evento abrirá as súas portas este domingo, aínda que xa finalizara a competición

O evento abrirá as postas este domingo a pesar de ter finalizado a competición

Valdoviño, 30 de agosto do 2025. Xa temos campión e campioa da 38 edición do Abanca Pantín Classic Galicia Pro. O surfista portugués Guilherme Ribeiro e Anat Lelior, subiron ao máis alto do podio na competición da World Surf League que comezaba o pasado martes na praia de Pantín.

Ribeiro (23 anos) impúxose nunha disputada final a Ido Hagag (12.94 puntos o primeiro, 12.77 o seu inmediato rival). Completaron o podio Tristan Guilbaud (3º) e Frederico Morais (4º).

Na categoría feminina, cuxa final remataba ás 20 horas, a vencedora liderou de principio a fin a manga. A segunda posición foi para a surfista lusa María Salgado, e por detrás quedaron Anette González-Etxabarri (3ª) e Lucía Machado (4ª).

O gañador e gañadora recibiron os seu premios de mans do alcalde de Valdoviño, Alberto González, nunha cerimonia na que participaron tamén a deputada provincial de Emprego, Industria e Medio Ambiente, Rosana García, a delegada territorial da Xunta en Ferrol e o rexedor desa cidade, ademais de representantes de firmas patrocinadores.

Finalizaba así a competición internacional ao máximo nivel (QS 4000) no Pantín Classic, marcada polas olas xigantes e as táboas partidas (cando menos unha ducia).

Aínda que xa non haberá campionato – a dirección da World Surf League adiantaba 24 horas a final ante a complicada previsión do mar –, cabe lembrar que o evento manterá as súas portas abertas o domingo 31 de agosto.