O pleno do Concello pide información e documentación á Consellería de Medio Ambiente sobre a actuación en Meirás

Todos os grupos apoiaron a proposta da Alcaldía

Valdoviño, 7 de outubro do 2022. O Concello de Valdoviño remitirá un segundo escrito á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para reiterarlle a petición de documentación e información en relación aos traballos forestais e actuacións que está a levar a cabo no lugar dos Pedregás, na parroquia de Meirás. Neste caso, o escrito irá asinado por toda a corporación, que onte á tarde, en sesión plenaria, aprobaba a proposta de Alcaldía de realizar este requerimento. 

O Concello considera inadmisible que a Consellería de Medio Ambiente non lle comunicase ou facilitase información sobre unha intervención sobre os espazos naturais do municipio, e tal e como lle trasladaron veciños, incluso sobre propiedades de particulares.