O pleno do Concello de Valdoviño aproba a adicación exclusiva para a Alcaldía
Establece unhas retribucións anuais de 35.700 euros
O pleno do Concello de Valdoviño aprobou na sesión celebrada onte á tarde a adicación exclusiva do alcalde. No mesmo acordo, establece unhas retribucións anuais de 35.700 euros. A proposta saíu adiante sen ningún voto en contra (o sí do grupo de goberno e a abstención dos partidos da oposición).
O rexidor, Alberto González, sinalou que a medida será efectiva unha vez solicite a autorización á Xunta de Galicia para exercer en situación de servizos especiais dada a súa condición como técnico do corpo superior na Administración autonómica. Apunta tamén que, despois de 6 anos compatibilizando o cargo de alcalde co seu traballo como técnico, poderá adicar o 100% do seu tempo á actividade municipal no Concello de Valdoviño.
Comentarios