O periodo medio de pago a proveedores no Concello de Valdoviño baixa ata os 13 días

O alcalde, Alberto González, atribúe a mellora dos rexistros ao traballo dos servizos económicos municipais, clave para contribuir á liquidez de empresas e profesionais nun momento especialmente duro

O periodo medio de pago a proveedores sitouse no cuarto trimestre de 2020 en 13,07 días, unha cifra moi inferior aos 30 días establecidos como máximo legal polo Goberno. Ademais, rebaixa os rexistros do trimestre anterior, de por si bos, fixados en 20,24 días. Así consta nos datos oficiais trasladados ao Ministerio de Facenda e dos que se deu conta no último pleno, que confirman unha evolución positiva do prazo medio de abono das facturas por parte da Administración local. 

Segundo sinala o alcalde, Alberto González, o rexistro débese ao traballo que están a realizar os funcionarios do departamento de servizos económicos, fundamental para contribuír á liquidez de empresas e profesionais nun momento especialmente duro como actual por mor da crise da covid-19. 

Durante o cuarto trimestre do pasado ano, abonáronse un total de 117 facturas por importe de 236.485,78 euros, quedando só pendente de pago unha factura por importe inferior aos 2.000 euros.