O periodo medio de pago a proveedores en Valdoviño sitúase en 20 días

A cifra correspóndese ao terceiro trimestre de 2020

O periodo medio de pago a proveedores sitouse no terceiro trimestre de 2020 en 20,24 días, unha cifra moi inferior ao máximo legal estipulado polo Goberno. Así consta nos datos oficiais trasladados polo Ministerio de Facenda, que confirman unha evolución positiva do prazo medio de abono das facturas por parte da Administración local. 

Segundo sinala o alcalde, Alberto González, o rexistro débese ao traballo que están a realizar os funcionarios do departamento de servizos económicos e, aínda así, o rexidor avanza que continuarán os esforzos nesta materia para conseguir día a día mellores rexistros.