O paseo da praia e lagoa da Frouxeira volverá acoller este ano a Milla Urbana de Valdoviño

A Concellería de Deportes abre o prazo de inscrición na cita, con participación gratuíta, e que se celebrará o vindeiro 18 de outubro

Valdoviño, 7 de outubro do 2026. O paseo da praia e lagoa da Frouxeira converterase nunha privilexiada pista de atletismo para acoller unha nova edición da Milla Urbana de Valdoviño. Será a duodécima, e a participación está aberta a nenos e maiores con inscrición previa pero sen cuota. A Concellería de Deportes presentaba esta mañá o evento e adiantaba o seu cartel. Celebrarase o domingo 18 de outubro, e as carreiras sucederanse de forma escalonada en función das categorías, arrincando ás 11:00 horas. Dende as 10:00 h, os e as deportistas inscritas poderán retirar o seu dorsal na caseta de socorrismo da Frouxeira. Para anotarse é preciso cubrir o formulario online habilitado no portal web de Carreiras Galegas, ata o xoves día 15.

A Milla estará aberta ás seguintes categorías:

-Biberón (nados/as en 2019 e posteriores)

-Benxamín (2017/2018)

-Alevín (2015-2016)

-Infantil (2013-2014)

-Cadete (2011-2012)

-Xuvenil (2009-2010)

-Junior-Promesa (2004-2008)

-Senior (1992-2003)

-Veteráns 1 (1986-1991)

-Veteráns 2 (1977-1985)

-Veteráns 3 (1966-1976)

-Veteráns 4 (1965 e anteriores)

Recibirán medalla todos os nenos e nenas participantes na categoría biberón, e tamén, os e as tres primeiras clasificadas do resto de categorías.

INSCRICIÓNS