O parque da Frouxeira será escenario este domingo da obra “Los limpiabotas”, a cargo da compañía Mad Compass

As invitación para asistir ao espectáculo poden retirarse na Oficina Municipal de Turismo sita na Porta do Sol

O Concello de Valdoviño pechará a programación cultural do mes de agosto no parque da Frouxeira. Será este domingo, 30 de agosto, a partir das 19 horas. Alí, a compañía Mad Compass ofrecerá a súa última obra: «Los limpiabotas», teatro humorístico dirixido a todos os públicos.

 

As persoas interesadas en asistir á función poden retirar as súas invitacións na Oficina Municipal de Turismo sita na Porta do Sol. Hoxe e o mércores de 11 a 17 horas e o xoves de 11 a 13,30 horas.

 

Para acudir ao espectáculo, incluído na Rede Cultural da Deputación, é obrigatorio o uso da mascarilla.