O parque da Frouxeira, escenario este venres do concerto de “Habelas Hainas”

Retirada de entradas na Casa da Cultura dende hoxe en horario de 10 a 14

A programación cultural do Concello de Valdoviño continúa esta semana en escenarios alternativos á Casa da Cultura. Nesta ocasión, o parque da Frouxeira albergará este venres ás 21 h o concerto do grupo folk «Habelas Hainas». Unha proposta musical que chega ao noso municipio co apoio da Deputación a través da Rede Cultural. E, para ir creando ambiente, xa dende ás 18,30 h, e ata momentos antes da actuación, o espazo acollerá a Zona Meiga, con actividades para desfrutar en familia como pócimas máxicas para nenos e nenas, encontros con bruxas… e moitas sorpresas máis. 

As persoas interesadas en asistir poden retirar a súa invitación na Casa da Cultura a partir de hoxe en horario de 10 a 14 h (ata o venres ou completar prazas). 

«Habelas Hainas» é un proxecto que parte da música instrumental de raíz para crear un son enérxico, fresco e orixinal a partir dos recursos dos instrumentos tradicionais.