O Océano Surf Museo inicia o reparto entre os seus visitantes da guía do Pasaporte REMA

Co gallo do Día Internacional dos Museos, e durante esta semana, tamén agasallará ao público cun marcapáxinas

Co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos, o Océano Surf Museo lanza oficialmente a guía do Pasaporte REMA, na que a cidadanía poderá engadir o selo “Remiña” durante a súa visita. Completando un mínimo de 5 selos de museos pertencentes a 2 espazos GALP antes de 2 de novembro de 2021, os visitantes entrarán a formar parte do sorteo de 19 cestas mariñeiras.

Deste xeito, e en colaboración cos 27 museos da Rede de Espazos Museísticos do Atlántico da que forma parte, o museo valdoviñés promociona a visita a museos e anima a persoas de todas as idades a participar na aventura. Iso si, é preciso reservar cita previa a través do correo electrónico: oceanosurfmuseo@gmail.com.

Ademais, o museo agasallará cun parcapáxinas a todas as personas que visiten esta semana as instalacións.