O Océano Surf Museo amplía o seu horario nas xornadas nas que habitualmente recibe máis visitantes
Os cambios planificados activaranse esta mesma semana
Valdoviño, 22 de agosto do 2023.Coincidindo coa proximidade do Pantín Classic, o Concello de Valdoviño aposta por actualizar o horario do Océano surf Museo. A infraestrutura cultural reforzará dende esta mesma semana o tempo de apertura, ampliándose o servizo nos días nos que se rexistran máis visitas, é dicir. de venres a domingo.
O primeiro museo dedicado a este deporte en España abrirá de agora en diante os mércores e xoves, de 11 a 14 horas (isto non cambia); e estende o horario tanto na xornada do venres, que pasa a ser de 11 a 14 e de 18 a 20.30 h, como nas fins de semana. Así, sábados e domingos contará con horario ininterrompido de 12 a 18 horas.
O Concello de Valdoviño anima a visitantes e veciños a visitar as instalacións e facer o percorrido pola historia do surf, dende os seus mesmos orixes, descubrindo ademais os valores asociados. Inciden en que a entrada é de balde, e lembran ademais que para beneficiarse do servizo de visitas guiadas, cómpre contactar previamente, chamando ao teléfono 690149198, ou ben a través do correo electrónico oceanosurfmuseo@gmail.com.
O Océano Surf Museo, situado no inmoble da Casa da Cultura, conta con paneis informativos, audiovisuais, obxectos únicos e singulares relacionados coa práctica do surf e, como non, un espazo de realidade virtual no que probar a experiencia de cabalgar unha ola.