O Océano Surf Museo abre as súas portas este venres con cita previa
Poderá visitarse en horario de 12 a 14 e de 17 a 19 horas
Neste venres festivo, día de San Xosé, o Concello de Valdoviño informa de que o Océano Surf Museo abrirá as súas portas en horario de mañá e de tarde. Iso si, aqueles que desexen visitar estas instalacións, únicas en España adicadas en exclusiva ao surf, deben solicitar cita previa a través do móbil 690 149 198 ou do correo oceanosurfmuseo@gmail.com.
A entrada é gratuíta, e os horarios serán de 12 a 14 e de 17 a 19 horas. Fóra deste festivo, o museo abre habitualmente de martes a domingo de 11 a 14 h, e a maiores, os venres, sábados e domingos amplía tamén ás tardes de 17 a 19 horas.
Comentarios