O Museo do Surf amplía horarios en verán

Poderá visitarse de mércores a venres de 11:00 a 14:00 h; sábados de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h, e domingos de 10:00 a 14:00 h

Valdoviño, 21 de xuño do 2023. Coincidindo co inicio do verán, o Concello de Valdoviño avanzaba esta mañá novos horarios ampliados no Océano Surf Museo. Situado no inmoble da Casa da Cultura, abrirá as súas portas de mércores a venres de 11:00 a 14:00 horas; sábados de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas, e domingos de 10:00 a 14:00 horas. A entrada, como sempre, é gratuíta. 

Os novos horarios entran en vigor esta semana, e derivan da incorporación da técnica de Turismo ás dependencias do museo durante as fins de semana, dende onde atenderá as consultas dos visitantes ao municipio.