O Meirás CF gaña o XXX Torneo de Fútbol Concello de Valdoviño
O Bergantiños FC venceu na final feminina
Valdoviño, 29 de agosto de 2022. Este domingo, 28 de agosto, volve tras un parón de dous anos obrigado pola pandemia, o Torneo de Fútbol Concello de Valdoviño. A competición, que chega á súa 30 edición, xogarase no campo municipal de Mourente, e contará coa participación de equipos locais do Meirás CF; CD Rosalía de Vilaboa; SD Valdoviño, e a Escola de Fútbol Base Amistade.
A xornada incluirá en horario matinal o torneo feminino, que enfrontará ao conxunto da EFB Amistade ao Bergantiños FC. Será a partir das 12 horas. Pola súa banda, a competición masculina arrincará pola tarde.
O Meirás e o Amistade saltarán ao terreo de xogo, abrindo o torneo, a partir das 17 h. Xusto unha hora despois, terá lugar o encontro entre o Valdoviño e o Vilaboa. Os equipos derrotados neses dous enfrontamentos xogarán, a partir das 19 h, o partido polo terceiro e cuarto posto. Mentres que os conxuntos que saian vitoriosos disputarán a gran final, prevista para as 20 horas. Ao seu termo, procederase a entrega de trofeos.
Concello e clubs participantes convidan a veciños e visitantes a achegarse ao campo de fútbol de Mourente para vivir en directo a emoción dos partidos e animar aos seus equipos, un factor clave para o triunfo.