O II Pasea e Tapea por Valdoviño encara o seu terceiro e último fin de semana
Dezaoito establecementos hosteleiros do municipio servirán as súas elaboracións de venres a domingo no certame organizado polo Concello
Valdoviño, 23 de abril do 2026. A segunda edición do Pasea e Tapea por Valdoviño entra na súa recta final. Esta fin de semana a cidadanía terá a última oportunidade para degustar as saborosas elaboracións realizadas polos dezoito establecementos de hostalería que participan no certame organizado polo Concello. Será de venres a domingo, en tres horarios diferenciados segundo o local, e ao prezo único de 2,5 euros. A concelleira de Turismo e Cultura, Rosana García, valoraba positivamente a resposta cidadá á iniciativa, coa que o Concello busca apoiar o sector hosteleiro en tempada baixa, dando visibilidade aos negocios e procurando novos argumentos para visitalos e desfrutalos, e tamén promocionar o municipio a través da súa gastronomía.
Precisamente será a clientela a que decida cos seus votos a mellor tapa do concurso. Para isto, deberá percorrer todos os establecementos, probar as súas elaboracións, selar a cartilla e introducila na urna coa súa elección e teléfono de contacto. A próxima semana realizarase o reconto e tamén o sorteo da comida ou cea no local gañador entre as tarxetas recepcionadas.
Non será o único premio. Con cada tapa o cliente recibe un boleto que, cuberto, pode entregar tamén en urna e participar así no sorteo de tres cestas con produtos gastronómicos do territorio. Produtos adquiridos na cooperativa de Lago, na Tenda de Meirás e máis á produtora local Ay Carmen -o pasado ano a compra fíxose na cooperativa de Meirás-.
A relación de locais participantes no certame é a seguinte, segundo o horario de apertura:
VENRES E SÁBADO DE 20:30 A 22 H E SÁBADO E DOMINGO DE 12:30 A 14:30 H
Pide&Pika: Tentación crocante
Café Bar Piruliña: Delicatessen do mar de Valdoviño
Os Dous de Sempre: ovos e zorza
Casa Marino: Niño de ovo de codorniz
Campo García: Panipuri recheo de longaniza
Las Olas by Pantín: Midnight Blues
A Cepa: Ovos encapotados con pastel de porro
O Garaxe: Delicias de chocos
Kami: Brocheta de polo doce
Teleclub Vilaboa: En Vilaboa quero quedar
VENRES E SÁBADOS DE 20:30 A 22 H
A Madriña: Timbal de rabo de vaca ao viño tinto
O Castro: Canastilla crocante de roupa vella
Porta do Sol: Tenreira ao caldeiro
SÁBADOS E DOMINGOS DE 12:30 A 14:30 H
A Torre do Lago: Do mar a Torre
O Bichesco: Hot dog de cocido
A Trasanquesa: Callos
Morriña: Roliño Morriña
A Taberna do Puntal: Empanada de cocido
