O humorista valdoviñés Jorge Baleo protagoniza o último monólogo do ciclo “Únic@s”
As invitacións para asistir á función deste venres poden retirarse entre hoxe e o xoves ou ata esgotar prazas
O humorista valdoviñés Jorge Baleo será o encargado de poñer o broche de ouro ao ciclo de monólogos «Únic@s». Será este venres, 9 de outubro, a partir das 20,30 horas no auditorio da Casa da Cultura.
As persoas interesadas en tomar parte poden retirar as súas invitacións (3 por persoa) entre hoxe e o xoves 8 de outubro na Casa da Cultura, de 11 a 14 horas. A entrada é de balde, con prazas limitadas por cuestións de aforo e co obxectivo de garantir a distancia de seguridade. Así mesmo, dende a Concellería de Cultura lémbrase que o uso da mascarilla é obrigatorio e recoméndase acudir 15 minutos antes do inicio da función por cuestións organizativas.
“Únic@s”, organizado polo Concello de Valdoviño, intégrase dentro de Cultura no Camiño +, o proxecto de dinamización cultural das localidades do Camiño de Santiago e doutras rutas de peregrinacións complementarias, financiado pola Xunta e Gadis.
.