O grupo Baraza une os sons tradicións de Galicia e Brasil no seu concerto “Remelexo”
Actuará este venres ás 20:00 h no auditorio da casa da cultura
Valdoviño, 4 de novembro do 2026. O Concello de Valdoviño convida á veciñanza a asistir este venres a “Remelexo”, o concerto multidisciplinar do grupo Baraza, integrado por Alberte (acordeón diatónico) e Uxía (frauta e voz). Esta proposta artística aúna música, vídeo, texto e narración oral para explorar os vínculos culturais e a memoria colectiva entre Galicia e Brasil, unindo os sons tradicionais de ambas beiras do Atlántico.
O espectáculo dará comezo ás 20:00 horas no auditorio da casa da cultura, con entrada libre e de balde ata completar aforo, e conta co apoio da Deputación da Coruña.
Comentarios
