O fotógrafo Álvaro Lamas inaugura este venres en Valdoviño a súa exposición “Capturando a Natureza”

Impulsor do proxecto Lost in Woodlands Photography, propón unha viaxe visual polas paisaxes más fermosas de Galicia e do Norte da Península

Valdoviño, 3 de febreiro do 2025. A través da súa exposición «Capturando a Natureza», Álvaro Lamas, impulsor do proxecto Lost in Woodlands Photography, proponnos unha viaxe visual polas paisaxes máis fermosas de Galicia e do Norte da Península. Estes venres ás 20:30 horas, inaugura a mostra na casa da cultura de Valdoviño, cun faladoiro e un percorrido guiado, e a partir de entón e ata o 28 de febreiro, poderá visitarse de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Nesta mostra, o fotógrafo mugardés transporta ao espectador a algúns dos lugares máis emblemáticos e fermosos de Galicia, incluíndo Ferrolterra, Ortegal e a Mariña Lucense, así como doutras comunidades como Asturias, Cantabria e Navarra. Cada paisaxe foi retratada cunha visión única, reflexo da súa conexión persoal coa natureza. Ademáis, estreará dúas novas fotografías que serán expostas por primera vez en Valdoviño. 

Para Álvaro Lamas, a fotografía non só é capturar imaxes, senón tamén transmitir emocións e a esencia dos lugares que retrata. En palabras do autor: “Capturando a Natureza pode parecer un título xenérico, pero representa á a esencia mesma do meu proxecto: capturar aqueles lugares e paisaxes que me sorprenden pola súa beleza, esplendor, maxia ou encanto. Ás veces son grandes paisaxes: fervenzas ruxentes, xélidos lagos de montaña ou solpores vertixinosos sobre acantilados. Outras, un pequeno cogumelo agochado entre follas pode representar un mundo enteiro e levarme a pasar media mañá no chan para capturalo”.