O Festival de Entroido de Valdoviño contará este sábado con ata 5 comparsas locais e 3 de Cedeira, Fene e Narón

A cita arrincará ás 17:30 h co desfile entre a casa consistorial e a casa da cultura, e o festival estará presentado por Avelino “O cego das covas”

Valdoviño, 19 de febreiro do 2026. Valdoviño celebrará este sábado 21 de febreiro o seu tradicional Festival de Entroido. Onte pechábase o prazo para a incrición de comparsas, e un ano máis, o número de solicitudes superaba o cupo máximo de 8. Así, seguindo as bases da convocatoria, o Concello realizaba o sorteo entre aquelas de fóra de Valdoviño, xa que estas tiñan garantizada a participación acreditando que o 51% dos integrantes estivesen empadroados/as. O Concello comunicaba acto seguido a decisión ás comparsas que quedaron fóra, convidándoas a tomar parte activa no desfile que precederá ao festival. Ao escenario subirán as seguintes:

-Os Chorlitejos (Valdoviño)

-Vén voar con nós do CRA de Valdoviño (Valdoviño)

-Os Scratchados (Fene)

-As ovelliñas mansas da Semente (Narón)

-Bruxas e Maléficas (Cedeira)

-Faranduleiros (Valdoviño)

-Valdoviño polo Insti (Valdoviño)

-Os Drillers (Valdoviño)

Todas elas, recibirán unha gratificación de 400 euros, un chisco máis que o ano pasado, xa que nesta edición elimínanse os premios e a cuantía repártese a partes iguais neste concepto. Así mesmo, e xa sen límite de prazas, anotáronse 2 parellas, que irán a concurso. Así mesmo, no caso dos disfraces individuais, abrirase un prazo extra para anotarse o mesmo sábado, á porta da casa consistorial, de 17 a 17:15 h.

Dende este punto, o desfile arrincará ás 17:30 h en dirección á casa da cultura, onde se desenvolverá o festival no exterior, e baixo carpa, presentado por Avelino “O cego das covas”.

Por último, e fóra de concurso, o Concello de Valdoviño anima a todos os veciños e veciñas a disfrazarse e participar no desfile.