O Feirón regresa este domingo a Valdoviño
O mercadillo contará co posto de alumnos e alumnas da ESO do CPI Atios
Valdoviño, 27 de novembro do 2025. O Feirón mensual de Valdoviño regresa este domingo, último do mes, á Porta do Sol. E farao cun posto moi especial, dos alumnos e alumnas da ESO do CPI Atios. Con el, buscan recadar fondos para a excursión de fin de curso. Unha boa oportunidade para colaborar e, de seguro, atopar algún detalle para colocar baixo a árbore de Nadal.
Durante toda a mañá, poderemos atopar tamén os postos tradicionais de textil, alimentación, produtos da horta… nunha cita que organiza a Asociación de Mulleres María del Mar Becerra co apoio do Concello de Valdoviño.
Comentarios
