O Feirón de Valdoviño adiántase este mes e celebrarase este sábado

Veciñanza e visitantes poderán aproveitar a ocasión para realizar as súas compras de cara ás datas de Nadal

Valdoviño, 13 de decembro do 2022. O Feirón Mensual de Valdoviño adianta neste mes de decembro a súa celebración e terá lugar este sábado día 17 na Porta do Sol. Dende a Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra, promotora da cita en colaboración co Concello, explican que será unha edición especial de Nadal, onde veciños e visitantes poderán realizar as súas compras de cara a estas datas de celebración. 

Así, a oferta tradicional do mercadillo inclúe alimentación e un sinfín de posibilidades para agasallar como roupa, calzado, xoieiría, bolsos, complementos…